Teatro en escena. Conferencia de Roberto Merino Mercado

O profesor da Escola Superior Artística do Porto e director de teatro Roberto Merino Mercado pronunciará unha conferencia na Facultade de Filoloxía e Tradución o xoves 15 de maio sobre o teatro actual en Porto e os novos dramaturgos portugueses.
Salón de graos
11:00 h

Roberto Merino é dramaturgo e director. Dirixiu, entre outras, obras de Ésquilo, Sófocles, Eurípides, Shakespeare, Beaumarchais, Garret, Bertolt Brecht, Gil Vicente, John Arden, Arrabal, Lope de Rueda, Cervantes, Moliére, Garcia Lorca, Ramón Sender, António José da Silva” O Judeu”, Ionesco, Goldoni, T. Weby, etc.

Como profesor imparte principalmente as asignaturas de Expresión Corporal, Interpretición, Expresión Dramática para Educadores, Animadores e Ensino Especial, Dramaturgia, Semiótica do Espectáculo, Direciónde Actores e Montaxe Teatral.

Como director teatral dirixe a ópera, La finta Semplice de Mozart e como director teatral foi Director Artístico do Teatro Experimental do Porto/TEP em tres oportunidades, máis de 8 anos, tendo sido subsidiado pelos Serviços de Belas Artes da Fundação Calouste Gulbenkian.

Dirixiu o Teatro Experimental do Funchal.

Manten unha actividade regular como director teatral con compañías profesionais do Porto, Teatro Art´Imagem, Seiva Trupe; con Grupos de Teatro Amateur como o Grupo Musical e Dramático Flor de Infesta São Mamede, Plebeus Avintenses, e Grupos Universitários de Teatro (Teatro da Faculdade de Ciências da Universidade do Porto, Teatro da Faculdade de Direito da Universidade do Porto)

 Como dramaturgo e autor de teatro para nenos e adultos, grande parte da súa obra ten sido representada por grupos profesionais e amateurs. Como autor dramático adaptou contos dos Irmãos Grimm, Shakespeare, Brecht, Antoine de Saint-Exupéry, Óscar Wilde, Anabela Mimoso, contos tradicionais portugueses, contos populares iberoamericanos entre outros; posta en escena para conmemorar o 250º aniversario do nacemento de W. Amadeus Mozart da ópera Bastien e Bastiene, en versión portuguesa para Marionetas con o Colectivo Cultural Engenho das Ideias da cidade do Porto.

 Últimas realizacións: Fulgor e Morte de Joaquim Murieta de Pablo Neruda, Teatro Art´Imagem en coprodución con O Teatro Nacional S. João/Porto