Erasmus + Prácticas para o curso 15-16


O/A  Oficina de Relacións Internacionais publica o seguinte aviso:

Publicada a convocatoria Erasmus + Prácticas para o curso 15-16. Incluido alumnado de Máster e Doutorado

As prácticas teñen unha duración mínima de 2 meses e poden realizarse no período comprendido entre o 01/09/2015 e o 31 /08/2016.O primeiro período de presentación de solicitudes está aberto ate o día 30 de xuño de 2015.Máis información na ORI.[…][…]

Pode consultalo en https://seix.uvigo.es/uv/web/avisos/aviso/show/3445

Oficina de Relacións Internacionais

e-mail: ori@uvigo.es

PRAZO EXTRAORDINARIO DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO ESTRANXEIRO. CURSO 2015/2016


Nos seguintes enlaces tedes a convocatoria dun prazo extraordinario de admisión para alumnado estranxeiro, que desexe acceder a estudos de posgrao no curso 2015/2016, na Universidade de Vigo. Este prazo é para que o alumnado poida obter unha carta de admisión que lles permita solicitar bolsas, visados, autorizacións de saída de divisas ou outras xestións necesarias no seu país de orixe para poder desplazarse a Vigo no vindeiro curso.

En galego: Documentación admisión

En castelán: Documentación admisión

 

Presentación en Vigo e Pontevedra do Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en acción


As presentacións de “ESCENAS DO CAMBIO. Festival de Inverno de teatro, danza e arte en acción”, por se é de interese para o alumnado e profesorado do Master de Teatro e Artes Escénicas :

  •  VIGO:  xoves 29 de xaneiro, ás 17 horas, na Aula T3 da ESAD (Poza Cabalo, 1 – SAN PAIO DE NAVIA)

 

  • PONTEVEDRA: luns 2 de febreiro, ás 17,30 horas, no Salón de Actos da Facultade de Belas Artes (Maestranza, 2)

 

Programación:

Festival de  Inverno  de Teatro, Danza e Arte en acción.

Empeza o día 4 de febreiro en Santiago de Compostela.

 

TEATRO AFORO propón MICROTEATRO


Os nosos amig@s do Teatro Aforo de Vigo programan para os días 30 e 31 de xaneiro, e 1 de febreiro espectáculos dos alumnos da ESAD de Galicia:

TEATRO AFORO apoia os alumnos da ESAD de Galicia, na recaudación de cartos para unha prometedora viaxe.

Participarán na VI Xornada Mundial da Commedia dell`Arte na cidade de Padua o próximo mes de febreiro.

Aforo

CONFERENCIA: EDUCACIÓN POPULAR A TRAVÉS DEL TEATRO


Dentro da programación do Máster de Teatro e Artes Escénicas da Universidade de Vigo o venres 9 de xaneiro ás 11.00h. no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución,  María Mauvesin, profesora do Departamento de Teatro da Universidad Nacional de Córdoba (Argentina) e coordinadora de Talleres de teatro social, impartirá a Conferencia: “Educación popular a través del teatro”

teatro social

II Xornadas de fundraising e mecenado na Universidade de Vigo



A Reitoría e o Consello Social da Universidade de Vigo organizan as II Xornadas de fundraising e mecenado os días 4 e 5 de decembro de 2014 na sede da Fundación Barrié en Vigo.

Estas xornadas formativas ofrecerán un punto de diálogo e discusión sobre a captación de recursos en diferentes contextos, tanto públicos como privados, tratando de mostrar distintos puntos de vista de conferenciantes e participantes.

As xornadas desenvolveranse baixo a forma de sesións teóricas, practicum, debates e mesas redondas e terán como obxectivo ofrecer unha visión xeral da disciplina do fundraising e do mecenado, presentar os conceptos básicos da captación de fondos, en especial a relación entre empresa e institución educativa superior así como contextualizar a disciplina en España e Europa.

Ao igual que na primeira edición, as xornadas serán coordinadas por Manel Palencia-Lefler Ors, director do Instituto de Filantropía y Desarrollo, e reunirán a seis conferenciantes nacionais: Juan Salvador Pérez Villanueva, Carmen Pérez Esparrells, Roberto Bandrés Rodríguez, Teresa Gómez Pérez e Silvia Bueso Sardinero.

 


Achégase enlace á convocatoria de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2014/2015, publicada no DOG , nº 192 do 8 de outubro, co prego de que se lle dea a máxima difusión entre os posibles interesados.

O prazo de solicitude remata o 8 de novembro.

Toda a información pode atopala no portal educativo da Consellería de Educación (www.edu.xunta.es)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141008/AnuncioG0164-031014-0001_gl.pdf